19/10/24

COMEZAMOS !!!

 Ola a todos/as!

Botabades de menos as novas do cole? Xa sabemos que tardamos un pouco en comezar, pero para compensar, comezamos con moitas noticias:

Achégase o día das bibliotecas e para celebralo organizamos a véspera, un obradoiro para as  familias con dous magníficos creadores de contos: MARC TAEGER E OLALLA GONZÁLEZ

Poderiamos contarvos un montón de cousas sobre o seu traballo, pero non nos caberían nesta entrada, así que será mellor que veñades a coñecelos. Estamos convencidos/as de que o pasaredes moi ben.
 

Celebrarase o 23 de outubro ás 17.30, na nosa biblioteca e leva por título "CONTAPINTACONTOS". 

So hai dúas condicións para asistir:

Que os/as nenos/as veñan acompañados/as por un adulto/a e gañas de pasar un bo rato con dous autores/as de historias, que contan con moitísima experiencia. Seguro que coñecedes algunhas das súas obras, como "Chibos, chibóns", "Garabanciño", "Aquiles, o puntiño", "Artur" ou "A verdadeira historia de Carapuchiña vermella". 

Animádevos a pasalo en grande cos contos!!!

 

Tamén se achega o Samaín e o cole comeza a estar terrorífico. Xa temos pantasmas, monstros, arañas... 

e entre todos/as estamos creando un conto utilizando a técnica do cadáver exquisito, que esperamos ter listo para o día 30. 

Ese día celebraremos o Samaín e o Magosto (Samagosto) se o tempo nolo permite, con disfraces, lectura de contos terroríficos (ou serán graciosísimos?), castañas, choripáns, a proxección do cadáver exquisito, música,...


Tamén teremos a exposición de cabazas (da que xa vos daremos máis información a semana que vén) pero que seguro estará relacionada cuns carteis que apareceron na entrada do cole sobre os ODS.

Queredes saber que son os ODS? Clicade na imaxe

 Seguiremos contándovos cousas moi pronto!!!

 


 

 


 


Ningún comentario:

Publicar un comentario