23/01/26

CONCURSO DA RADIO ESCOLAR: O LOGO!

 O noso alumnado de educación primaria estivo devanándose os miolos para poder facer un logo da radio escolar. Durante esta semana fomos desvelando pouco a pouco as e os finalistas...








Que tiveron o seu propio premio por chegaren á última rolda!



E conseguimos o noso novo logo:




Moitísimas grazas a todas e todos por participar e lembrade: por moito que a Intelixencia Artificial (IA) nos poida axudar a pulir certas creacións, o máis importante son as vosas ideas e como as facedes realidade porque... AS MANS VALEN OURO





21/01/26

Ponte a zero: reciclaxe en Educación Infantil!



 A xestión dos residuos é un dos máis importantes e complexos retos ambientais a afrontar para todas e todos, pero con esta actividade para os máis cativos e cativas, seguro que foi un chisco máis sinxelo e moito máis divertido!!





15/01/26

LECTURA EN FAMILIA!

 Hoxe foi un día moi especial para o colexio! Convidamos ás familias a participar nesta actividade de animación á lectura co alumnado de infantil e pasámolo en grande! Contos, monicreques... Unha marabilla!











12/12/25

O NADAL CHEGA Á CARBALLEIRA

 Ao alumnado do noso centro encántalle o Nadal e así o demostra con esta canción! A que o fan ben? Se non volo queredes perder en directo, vémonos o día 19!!






                                                                                            

11/12/25

UN TRIMESTRE DE "PONTE A ZERO"!

 Este trimestre tivemos múltiples actividades da man de "Ponte a Zero". Aprendimos un montón, botádelle un ollo ás diferentes actividades que fixemos, non teñen desperdicio!

  • Dando nova vida aos residuos
  • Xogo da miñoca
  • Introdución á horta escolar
  • Quen vive aí?
  • Aventuras dunha monda de pataca
  • Residuos Con-ciencia: limpiadores alternativos
  • Residuos Con-ciencia: reciclaxe de aceite para facer xabón





28/11/25

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA!



 Novembro é o mes da ciencia e tivemos a sorte de contar con alumnado e familias que quixeron compartir os seus experimentos! 


  • Lucas (1º de Educación Primaria)







  • Lucía Castro (3º de Educación Primaria)



  • Xiana (3º de Educación Primaria)






  • Lucía (6º de Educación Primaria) e Manuel (1º de Educación Primaria). Preme AQUÍ para o primeiro vídeo e AQUÍ para o segundo



  • Laura (2º de Educación Primaria)



  • Xoan (2º de Educación Primaria)





Moitísimas grazas por participar! Foron incríbles!


                                                                        


25/11/25

25 de novembro: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Este 25 de novembro, no CEIP Plurilingüe A Carballeira fixemos unha morea de cousas, grazas ás indicacións de Chiña!

  • Un mural colaborativo onde todo ao alumnado loitou contra o virus violentum xenerum terribilis, así como unha milla solidaria!
       









  • Lecturas para poder vencer a este virus.
                        


Agardamos que fose do voso interese e que o alumnado o pasase xenial!!! Ata a próxima!


                                                                                


24/11/25

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

 Como xa sabemos, o tema do noso Proxecto Documental Integrado (PDI) deste ano é: as mans valen ouro!

Animamos a todas as familias que así o desexen a participar co centro, demostrando como as nosas mans son instrumentos fundamentais para facer cousas alucinantes!



Agardámosvos!





                                                                                                                    


19/11/25

A carta da Chiña

Chiña volveu dunha das súas viaxes cunha nova mensaxe moi importante para o alumnado do noso cole!





                                                                                        




07/11/25

SAMAGOSTO

A rapazada do noso colexio aproveitou estas datas para facer moitas actividades!

  • Contos terroríficos por parte do alumnado de 6º. Foron a todas as aulas do colexio, facendo un traballo estupendo! A que estiveron ben? Déronvos moito medo?






  • Receitas de conxuros onde o alumnado propuxo diferentes receitas para este Samaín. Un libro de conxuros que formará parte da nosa biblioteca!







  • Exposición de cabazas tanto en Infantil como en Primaria. Encantáronnos!



  • Xogos populares... Moi divertidos!
 
 

 
E para o rematar, o magosto coas súas ricas castañas e choripáns
 


Desde o cole queríamos darvos as grazas pola vosa participación! Desde a AMPA, as familias e por suposto o alumnado fixeron desta ocasión un éxito. Pasámolo XENIAL!

                                                                                                                    

24/10/25

Inicio da aventura: as mochilas viaxeiras!

 POR FIN CHEGOU!


Hoxe 24 de outubro, co gallo do Día das Bibliotecas Escolares, a rapazada do noso colexio pudo por fin levar as mochilas súas mochilas viaxeiras, que irán rotando polas familias ao longo do curso.




Agardamos que enchades de debuxos e historias o caderno de viaxe de cada curso e moitas grazas ao alumnado representante dos cursos que comezaron con esta aventura.


A RAPAZADA LE!






















14/10/25

Resultado do concurso: AS MANS VALEN OURO!

AS MANS VALEN OURO


O noso Proxecto Documental Integrado (PDI) trata sobre o uso e abuso das intelixencias artificiais, por iso, quixemos darlle unha volta ás orixes, ao que se facía antes de que nos invadise a tecnoloxía.







Así, o alumnado do noso colexio participou propoñendo diferentes títulos. Despois, votaron cal era o que querían o resultado foi: as mans valen ouro! Agradecemos moitísimo a participación de todos os cursos e agardamos as súas propostas para próximos proxectos, estade atentas/os!
















13/06/25

O primeiro podcast de 3º!!!

O alumnado de 3º de Primaria fixo un traballo de investigación sobre diferentes deuses da mitoloxía grega. 

E como xa saben usar a radio...comparten toda a información recollida a través dunha gravación na Radio da Biblio facendo un programa especial sobre o tema. Esperamos que vos guste o programa e vémonos na seguinte!


 

 

 

09/06/25

Acabamos o PDI celebrando o Día Mundial do Medioambiente coa plantación de "Lúa"

O xoves 5 de xuño, demos por rematado o PDI "Os nosos ODS" coa incorporación á nosa comunidade educativa dun novo membro: "Lúa", unha moreira péndula que nos acompañará, se a coidamos, durante moitos anos.

Nos días anteriores preparamos a canción Eco de Paco Nogueiras, o manifesto para a súa lectura e algunha pancarta. 

Todo isto non tería sido posible sen a colaboración das familias, coa ANPA facéndose cargo do custo de "Lúa", así como de ir a buscala ou de preparar o terreo. Coma sempre, MOITÍSIMAS GRAZAS!!! 

Para o manifesto, investigamos unha historia sorprendente protagonizada por unha muller, Julia Butterfly Hill, activista medioambiental dende moi nova. Aquí tedes o manifesto:

 E o resumo da xornada de celebración:

 




 

20/05/25

Lectura e familias: Obradoiro de ilustración de contos

Despois do gran espectáculo que nos ofreceu o día 8 , o próximo martes 27 de maio, volveremos contar con Esteban, de Tarabelos, para realizar un obradoiro de ilustración de contos. 

Aínda que este obradoiro está pensado para nenos e nenas de Educación Primaria, neste caso, como ides vir os maiores acompañando aos nenos e nenas, poderán vir todos,  dende 4º de EI ata 6º de EP, acompañados por un adulto.

Tras escoitar o contacontos todos e todas recibiremos un libriño con espazos en branco para poder ilustralo con distintas técnicas: debuxo, collage, pegatinas,..., conseguindo así, un libro único no mundo




 

18/05/25

Letras galegas: Recompilación de cantos populares

Moitas grazas a todas as familias que colaboraron para ter unha recompilación de cantigas populares!!!

Como vos anunciamos, imos deixar aquí un pequeno resumo delas. Non están todas xa que logo facíasenos moi longo o vídeo, pero hai unha boa representación. Ademais temos moitas en versión escrita expostas na entrada do cole. 





Coma sempre, familias, sen vós tería sido imposible facer este traballo. Grazas, de novo!!! 



17/05/25

Semana das letras galegas: Que son unhas Cantareiras?

Que mellor maneira de comezar a celebrar a Semana das Letras Galegas que coa visita ao cole dun grupo de cantareiras?

Estiveron no noso cole María, Helena, Rosa, Rosiña, Arancha e Manuel. E unha incorporación de última hora, Olaya, a mamá de Xabi.

Antes da súa visita tivemos que prepararnos, xa que non so iamos ser oíntes, tamén iamos ser cantareiros e cantareiras, polo que nos días anteriores estivemos aprendendo unha das cancións que logo cantariamos con elas.

Na visita, explicáronnos como se toca a pandeireta, os distintos tipos de toques, amosáronnos outros instrumentos tradicionais galegos, como se arranca,... Probamos instrumentos... e cantamos

Deixámosvos un pequerrecho resumo da actividade e dámoslles as grazas a todo o grupo que nos axudou a coñecer mellor esta forma de folclore tradicional galego.


 

 

10/05/25

Lectura e familias: Debulendo Lendas


Esteban fíxonos pasar unha tarde marabillosa na que "debulemos" lendas de Galicia. Incluso acabamos cazando gamusinos!!! 

Deixámosvos un pequeno vídeo con algúns dos momentos desta tarde e esperámosvos de novo o martes 27 de maio no Obradoiro de Ilustración



03/05/25

Maios

A pesares das dificultades que trouxo o apagón do luns 28 de abril, fomos quen de facer os maios. 

Este curso, en lugar de facer un so maio, decidimos que cada grupo fixera o seu. Como poderedes ver están cheos de creatividade. 

Ademais, cada grupo tamén preparou a súa copla para cantala todos xuntos.


 E aquí tedes as coplas que elaboraron con moito enxeño e retranca:

 

Unha, dous e tres,

vou a comezar.

Aquí vén o maio,

imos cantar. 


Flores de maio

imos coller,

laranxas e follas,

ovos ao revés. 


Xogar no recreo

mola mogollón.

Se fora máis longo

sería mellor.

 

Quero ver a tele

e xogar coa Wii

e menos exames

e moitas excursións.

 

Tivemos tantas probas

en tan poucos días...

Queremos un descanso

de cento catro días.

 

Flores, fiuncho,

cores e demais.

Quitádenos deberes,

non podemos máis

 

Que rollo os deberes,

quero xogar fóra.

exames que dan sono

eu paso da escola

 

 

Lectura e familias: Debulendo lendas... galegas con Tarabelos

 

Xa estamos en maio e comezamos coas actividades das Letras Galegas. 

O próximo xoves, 8 de maio, ás 17:30, contaremos cun espectáculo no que os espectadores son tamén participantes, de Tarabelos Títeres e Contacontos

O espectáculo titulado "Debulendo Lendas"  durará uns 55 minutos e nel mesturaranse a ilustración, o kamishibai (teatro en papel) a pandeireta e o talento de Esteban Acuña, guíonista e ilustrador do mesmo, coas nosas lendas. Como nos explica Esteban, cando debuxamos o que lemos estamos "debulendo" e se ademais descubrimos xuntos o valor das lendas galegas...

Animádemos a vir xuntos, familias!!!

Esperámosmos o día 8 de maio ás 17:30 h


 

26/04/25

Semana do libro: Que libro queres ler pero aínda non está escrito?

Na Semana do libro, entre outras actividades, propuxémoslle ao alumnado que idearan a portada dun libro que lles apetecería ler, pero que aínda non estivese escrito. 

A priori parecíanos que a proposta igual non ía ser moi produtiva, pero como sempre o noso alumnado sorprendeunos, tanto pola orixinalidade como por todo o traballo que puidemos facer a partires dela: de que ía tratar o libro, cal era a historia, por que ese libro e non outro,...

Acabamos pendurando todas as propostas no corredor da entrada, formando un "ceo de libros" que, quen sabe... pode que algún día sexan escritos