27/04/21

"Coidemos o planeta" no XXII Salón do Libro

Recompilados todos os traballos realizados nas aulas para o X Certame Literario: "Coidemos o Planeta", queremos amosarvos as fantásticas creacións ideadas por vós e que representarán ao noso colexio na XXII Edición do Salón do Libro de Pontevedra.

Parabéns rapazas e rapaces, uns consellos, historias e inventos marabillosos  co fin de salvar e mellorar a saúde do noso planeta!!!

Aproveitamos para informavos de que comeza a XXII Edición do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra: "Emerxencia Literaria: Os libros salvan o planeta". Así, do 23 de abril ao 9 de maio 2021, terá lugar esta XXII edición co medio ambiente, a ecoloxía e o cambio climático como tema principal.

Vídeo do Salón TV

Preme AQUÍ para visitar a web do Salón do Libro

Se estades interesados, aquí vos deixamos o programa onde se  combinan actividades virtuais e presenciais, actividades no Pazo da Cultura e en espazos ao ar libre (Prazas da cidade, Illa das Esculturas…) ofrecendo contacontos, teatro, música, obradoiros, roteiros...

Preme AQUÍ para consultar o programa

Non te esqueza que cos libros podemos cambiar o mundo!

23/04/21

23 de abril, Día do Libro

Este 23 de abril, celebramos o Día do Libro e todos os cursos de Infantil e Primaria escollemos o libro favorito do Itinerario Lector lido en cada aula durante a "Hora de ler".


Os rapaces e rapazas de 1º de Primaria, escollimos unha adaptación literaria de Alberto Szpunberg O Rei Midas para o noso traballo. Realizamos unha lectura colectiva na aula, escollimos as ilustracións que máis nos gustaron e fixemos as nosas propias representacións con debuxos das mesmas. Resumimos o conto entre todos, gravamos o resumo e así puidemos elaborar este video tan bonito!! Gustounos moito traballar con esta historia.

Na clase de 2º de Primaria lemos na “Hora de ler” o libro A Vaca titiritera de Concha Blanco. Fomos lendo de un en un os distintos parágrafos e contestando ás preguntas que facía a nosa maestra. Despois fixemos debuxos e entre todos reescribimos o texto. Gravámolo para volo contar. Foi una experiencia moi divertida.

Os alumnos de 3º de Primaria escollemos o libro "Os Minimortos" para o Día do Libro, xa que foi o que máis nos gustou. Namentres, os nenos e nenas de 4º de Primaria limos una cantos libros, pero co que mellor o pasamos foi con "Cuentos en verso para niños perversos" de Roald Dahl. Aquí no vídeo dámosvos máis datos.

Na aula de 5º de Primaria, resultounos ben difícil elixir un só título de todos os que lemos durante o curso; finalmente, decantámonos por "El Principito" de Antoine de Saint-Exupéry. 

Na aula de 6º de Primaria, ademais de falar sobre os Itinerarios Lectores traballados ao longo do curso, eliximos o favorito de toda a clase que foi "Escarlatina, a cociñeira defunta". Gravámonos contando a súa sinopse e enumerando cada unha de nós a razón pola que o seleccionamos.

As nenas e nenos de infantil quixemos celebrar o Día do Libro, o 23 de abril, facendo unha recreación dun dos nosos contos favoritos: " O POLO PEPE", da editorial SM.
Nesta recreación, integramos diferentes linguaxes ou formas de expresión: linguaxe musical ( 6º infantil), linguaxe visual, con pictogramas (5º infantil) e linguaxe corporal ou dramatización (4º infantil).
Se queredes máis información desta actividade dos máis cativos, podedes consultar o blog de Infantil do cole:

Agardamos que  os vídeos vos gustasen tanto coma a nós ler estes libros...
Feliz Día do Libro!!!

21/04/21

Pensamento computacional e impresión 3D nas aulas!!!

Nas aulas realizamos actividades de robótica e impresión 3D que favorecen o pensamento computacional á vez que desenvolvemos habilidades dixitais e nos familiarizamos coa linguaxe de programación dunha forma lúdica. 
Na aula de 6º de Primaria, atrevémonos coa impresión 3D. Durante este trimestre, estamos facendo proxectos en 3 dimensións para imprimilos e, despois, podernos quedar cun recordo desta tarefa ao mesmo tempo que aprendemos a visualizar imaxes en diferentes perspectivas.
Na clase de 4º de Primaria, fixemos unha búsqueda do tesouro e xogamos ao parchís cos robots "Blue-bots". Na búsqueda do tesouro, un de nós comezaba escondendo un tesouro nunha coordenada e o resto tiñamos que adiviñalo indo polas diferentes coordenadas (e acordándonos de non volver ás mesmas), así ata atopar o lugar no que se atopaba o tesouro.
No xogo do parchís intentamos chegar á casilla da nosa cor dando unha volta completa.
Na aula de 5º de Educación Infantil retomamos robótica con Codey Rocky... O robot do método de Castoria. Pasámolo en grande!!. 
Tamén, en 5º de Infantil familiarizámonos cos "Blue-bots" iniciándonos no xogo do parchís. Personalizamos as nosas carcasas...
E aprendimos como movernos polo panel de xogo, contando e movendo o Blue-bot.
Asemade, aproveitando a unidade traballada na aula sobre os animais, xogamos cun novo panel "Os monos" e o Blue-bot. Comezamos realizando percorridos sinxelos dende os simios ata os plátanos e escollemos libremente o camiño. Ao final, acadamos chegar a todos os froitos!!! 
No taller da linguaxe pasámolo pipa! Esta vez, xogamos co Blue-bot. Aproveitamos este recurso para traballar a conciencia silábica das palabras, tan importante para o futuro desenvolvemento da lecto-escritura e do dominio da linguaxe!
Asemade, na aula de 1º de Primaria iniciámonos na robótica usando os Blue-bots e diferentes paneis de xogo:
Amais, empregamos o robot conxuntamente coas regretas coa finalidade de desenvolver capacidades lóxico-matemáticas e favorecer a adquisición, dominio e afianzamento de diferentes contidos.
Os alumnos de 3º de Primaria iniciámonos na robótica cos Blue-bots. Foi unha sesión moi divertida, na que aprendemos a usar os robots facendo contas. Ademais, pasámolo moi ben xa que fomos poñendo retos e complicando o xogo cada vez máis (chegamos a facer o percorrido camiñando cara atrás).
Os nenos 2º de Primaria, elaboramos o noso propio panel e empregamos o Blue-bot, aproveitando a temática que estamos traballando na aula, tivemos que buscar e atopar deuses exipcios.
Como vedes, unha forma entretida de traballar a resolución de problemas en equipo ou individualmente!!!

Todas estas actividades relacionadas co pensamento computacional e impresión 3D, englóbanse dentro do Proxecto "Introducción á robótica educativa na primaria" que continuamos desenvolvendo no centro.

16/04/21

Máis achegas VIII Certame Fotográfico

Recibimos novas achegas para o VIII Certame Fotográfico, "Que fas ti para coidar o planeta?".
Nas imaxes, repoboamos a terra con plantas, separamos e seleccionamos o lixo no seu contenedor, reciclamos pilas, construimos con materiais de refugallo, utilizamos o composteiro, desprazámonos en patinete, non empregamos bolsas de plástico na compra...
Cada unha destas aportacións axudan ao coidado da saúde do noso planeta. Parabéns rapazas e rapaces!!!
Moitísimas grazas a todas e todos pola vosa participación neste VIII Certame Fotográfico.

13/04/21

Leite durante o recreo!!!

Comezamos o segundo período do Programa Escolar de consumo de Leite no centro, do 12 de abril ao 7 de maio.

Así, ao longo dos vindeiros 20 días, poderemos tomar leite durante o recreo.

Concienciémonos da importancia de incluír este alimento na nosa dieta para crecer fortes e sans.

Lembrade, durante 20 días consecutivos imos poder tomar leite durante os períodos de lecer!!!

09/04/21

Encontro virtual con Ledicia Costas!!!

Este mércores, tivemos a oportunidade de manter un encontro virtual coa autora galega Ledicia Costas.
Despois de traballar no 2º trimestre, durante a "Hora de ler", nas aulas de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria libros da escritora, tales como: "Os Minimortos: Benvidos ao Outro Barrio", "Esmeraldina, a pequena defunta" e "Escarlatina a cociñeira defunta"; á fin, chegou a xuntanza...
Sempre cun sorriso, foi respondendo a diversas preguntas e narrounos algunha que outra curiosidade sobre os seus libros. Resultounos moi interesante e entretido coñecer diferentes aspectos relacionados coa súa infancia e afección á escritura. 
Velaquí tedes as preguntas que lle puidemos plantexar e as súas respostas:

Sen dúbida, gozamos dunha fantástica actividade de animación á lectura e escritura da man de Ledicia Costas. 

Agradecemos a Bea, comercial do grupo Anaya, que nos organizase este encontro virtual.

08/04/21

Primeiras achegas VIII Certame Fotográfico

Recibidas as primeiras achegas do VIII Certame Fotográfico, "Que fas ti para coidar o planeta?", queremos compartilas convosco. 
Accións como reciclar o papel e o plástico, aforrar auga, poboar os terreos de árbores e plantas, desprazarnos en bicicleta, limpar as praias, crear xoguetes e accesorios reciclando materiais, aproveitar a reciclaxe para apoiar campañas solidarias.... son as que realizan os nenos e nenas da Carballeira para coidar a Terra.
Se aínda non enviaches a túa fotografía, estás a tempo. Lembra que tes ata o venres 9 de abril. Anímate a compartir como contribúes á sostenibilidade do planeta!!!

Lembra, manda a túa imaxe ao e-mail: bibliotecadochecho@gmail.com