05/11/21

SAMAGOSTO NA CARBALLEIRA

O 28 de outubro celebramos no noso cole o SAMAGOSTO (así celebramos o Samaín e o Magosto conxuntamente). 

Primeiro decoramos todo o cole coas nosas obras: caveiras, esqueletos, castelos encantados, teas de arañas, pantasmas xogando á roda...

 


Preciosas cabazas decoradas... Por certo, sodes quen de topar a Chiñ@ camuflad@ entre elas?

 

O xoves fomos disfrazados.

Merendamos castañas asadas e bocadillos de chourizo (moitas grazas a Bea e ao seu "pinche", o profe Borja, que traballaron un montón para que todo estivese rico!!!)...

Unha vez rematada esta especial merenda, demos comezo aos xogos tradicionais galegos. A corda, os bolos, os zancos, e así ata 10 diferentes, organizados en estacións para que todos os grupos puideran xogar a cada un deles. 




Deixámosvos tamén un par de vídeos nos que poderedes ver o ben que o pasamos



Pasámolo DE MEDO!! 

Moitas grazas familias pola vosa colaboración!!!

DECORACIÓN DE CORREDORES

Xa cando chegades ó cole podedos atoparvor cunha familia de pantasmas que nos viñeron visitar. Son os nosos amig@s e estamos moi contentos de que estén con nós.

Os nenos e nenas do cole decoraron na casa, xunto coas súas familias, estas caveiras tan chulas. Mírade ben e non ter medo!!!!!!


Decoráronse as portas dalgunhas aulas

Na clase de inglés aprendemos uns bailes terroríficos e fixemos uns monicreques con pinzas. Pasámolo xenial.


 Traballamos na clase pareados, rimas e poesías inventadas. Escribímolas nas xanelas deste tenebroso castelo e lemos as arrepiantes historias de medo e risas feitas polos demais compañeiros/as.


        Cando chegou a véspera do "Gran Día"trouxemos as caveiras e fixemos unha exposición.
Todas eran expectaculares.


Os de infantil tamén fixeron uns traballos e unhas cabazas preciosas.
                                                                          


Tamén tivemos un espazo adicado ás manualidades do outono. Trouxeron traballos moi orixinais.



Parabéns a todas as familias que colaboraron cos seus traballos entre todos/as formamos a escola

Ningún comentario:

Publicar un comentario