Cada 21 de marzo celébrase o Día da Poesía. Este ano, ademais, é o ano Castelao, conmemorando o 75º aniversario da súa morte.
Castelao, foi unha figura polifacética da nosa cultura: escritor, político, pintor, caricaturista,... Se ben é certo que non destacou pola súa poesía, si ten escrito algún poema, como o que decidimos traballar no noso cole para celebrar o Día da Poesía.
Este poema, titulado "Lela" pertence á súa obra de teatro "Os vellos non deben de namorarse" (Lance primeiro, 2ª escena) e foi musicado por Rosendo Mato Hermida. Existen varias versións cantadas: Dulce Pontes, Carlos Núñez, María do Ceo, Benedetta Ciotti... ata foi cantada por unha das concursantes dun programa similar a "La Voz" da televisión serbia. Todas elas podedes topalas en Youtube.
Nós conmemoramos este día da poesía cunha versión rockeira do grupo Astarot, neste caso acompañado pola voz da cantante galega Lucía Pérez.